A Asociación CLUBE CAMPER GALICIA (nº Rexistro Autonómico de Asociacións de Galicia 2009/013161-SC ), nace o 21 de novembro de 2008 na localidade de Guitiriz, Lugo, por iniciativa duns poucos usuarios de furgonetas camper entusiasmados coa idea de agrupar nun colectivo único e plural a todos os usuarios de furgonetas camper da Comunidade Galega.
A Asociación CLUBE CAMPER GALICIA agrupa a moi distinta xente arredor deste tipo de vehículo, O CAMPER que, aínda que pareza únicamente destinado ao Turismo, vai máis alá deste uso, os nosos asociados teñen inquedanzas persoais polas que precisan dun contacto máis directo coa natureza e coa xente, e acércanse á Sociedade fora dos circuítos turísticos comerciais, polo tanto, non queremos que se nos clasifique como turistas ao uso; temos inquedanzas deportivas e culturais que nos levan a escoller este tipo de vehículo para disfrutar do noso tempo libre.

A actual directiva do clube camper Galicia está formada por:
- Virginia Salvo.[Vinchuca]: Presidenta
- Miguel Alonso. [Lelopá]: Vicepresidente
- Susana Martínez [Pacasu]: Tesoreira
- Alberto Rodríguez [Jhavato]: secretario
- Miguel Ponte [Gael]: coordinador Quedadas
- José Fonterosa [Fonte]: informática / web.
